A normalización efectiva da actividade escénica en Galiza non só require unha política teatral vertebradora, orientada á creación de tecido teatral e á interacción permanente entre as distintas manifestacións escénicas, tanto de base como prácticas profesionais.
Coa publicación deste volume, Edicións Laiovento, aposta por unha liña editorial que forneza materiais de análise e debate que promovan o pleno desenvolvemento dos Estudios Teatrais en toda a súa riqueza e variedade disciplinar. Estudios e investigacións que contribúan a potenciaren a autonomía artística e estética do noso teatro e a construción dun discurso teatral propio, na procura dunha necesaria Escola Superior de Arte Dramática.
_____
Editorial: Laiovento 1997
Idioma: Galego