Na poesía de Bernardino Graña, o home é observado na súa dupla dimensión, individual e social. A súa obra é o testemuño histórico dun tempo e dun país. Pero o punto de vista ofrecido non é o enxebrismo senón a universalidade. Os conflitos do home contemporáneo son vistos desde a nosa singularidade, desde o noso contexto de país periférico.
A súa obra acadou un notábel sincretismo de elementos culturais: o formalismo dos sonetos xunto coa rebeldía da xeración “beat”, o social-realismo xunto co canto ao amor da mística.
_____
Editorial: Laiovento 2002
Idioma: Galego