Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

RIBEIRANA DO SIL E A NOITE. POESIA COMPLETA DE X.FERNANDEZ FERREIRO

€18,72
ISBN 9788416643530

Nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.

Estudou bacharelato en Ourense. En 1954 marcha a Madrid estudar xornalismo, alí fundará con Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño e Ramón Lorenzo o grupo literario nacionalista Brais Pinto. O nome e a épica do personaxe que lle pon nome ao grupo –un ficticio afiador ourensán que, despois de percorrer o mundo enteiro co seu oficio, e xa disposto a regresar á súa vila natal, morre atropelado por un tranvía en Madrid- atribúeselle a Fernández Ferreiro.
Comezou a súa andaina literaria publicando varios poemarios nos anos 50. Posteriormente dedicouse á narrativa. Traballou ademais como xornalista en Faro de Vigo, ABC, La Noche, El Correo Gallego, e La Voz de Galicia.
No ano 1985 foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo e en 2003 coa "Letra E" concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. O 4 de xuño de 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega e tomou posesión o 9 de marzo de 2013 cun discurso titulado Breves reflexións sobre os escritores e os xornalistas. Deulle a réplica Manuel Rivas.
Usou o pseudónimo de Ferr.

Poesía :

Ribeirana do Sil (1952). Edición do autor. Prólogo de Florentino López Cuevillas.
A noite (1959). Madrid: Brais Pinto. Impreso en Vigo, nas Gráficas Numen de Noya.

Premios:

Premio Galicia de Xornalismo no 1985.
Premio Xerais no 1991, por Agosto do 36.
Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2000, por O atentado.
Galardoado coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2003.
Premio Brais Pinto no 2013.

____

Editorial: Deputación Ourense 04-2023
Idioma: Galego