Foi á volta do pasado verán que me veu un día ás mentes a idea dun libriño cun feixe de textos meus, nos que facia a miña moi persoal evocación de persoas coas que eu tiven trato de amizade ou camaradaxe, ou relación dalgún xeito diciplinar, no decurso da miña vida. Foran escritos ao longo dos anos, dende hai ben decenios, con ocasión dalgún evento que as atinxía ou solicitados para algunha publicación dedicada a calquera delas. Na miña confusa memoria, eu coidaba que non pasarían de duciia e media ou así, de xeito que darían para un libriño pequecho, unha sorte de recordatorio sentimental colectivo...
____
Editorial: Laiovento 2022Idioma: Galego