Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

POR UNHA ECOLOXÍA DAS LINGUAS DO MUNDO

€18,00
ISBN 9788484870634
O propósito desta obra de Calvet é a construción dun modelo teórico que teña en conta a complexidade da dimensión esencialmente comunicativa e social das linguas. Así, para lograr ese obxectivo, o autor realiza unha defensa do carácter globalizador da ecolingüística que non é unha provincia dunha ciencia lingüística máis xenérica, senón que establece as condicións necesarias para estudar as linguas (baseándose na parella prácticas/representacións e as súas relacións co medio) na súa totalidade.

Asistimos á construción dunha teoría na que son chanzos fundamentais a proposta dun modelo gravitacional, unha análise do papel das representacións lingüísticas na evolución das linguas e unha exposición de cinco casos centrados no árabe, o kiluba, o serbocroata e as falas de Kraemer (Luisiana) e Saint Barthélemy (Antillas).

Tradución do francés: Alfredo Iglesias Diéguez.
 

____

Editorial: Laiovento 2004
Idioma: Galego