Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

POLÍTICAS PÚBLICAS DE IGUALDADE

€14,00
ISBN 9788484870979

Desde a instauración da democracia foise xerando a igualdade de dereito ou igualdade formal a través do marco lexislativo. Da igualdade de dereito debera resultar a igualdade de feito, non obstante constátase diariamente como a promulgación de leis (aínda que imprescindible para afianzar dereitos) non é suficiente para abolir a desigualdade por razón de sexo. Co obxecto de paliar a desvantaxe social das mulleres faise necesario implementar políticas que xeren cambio social a favor da loita contra a desigualdade e/ou exclusión por motivo de xénero.

A presión dos colectivos de mulleres, especialmente a partir dos anos 70, fai que os organismos públicos recoñezan esta exclusión, do cal se deriva que, estar protexida contra a discriminación constitúe un dereito recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Comeza aí a creación de institucións específicas que desenvolven políticas de igualdade de oportunidades para as mulleres, potenciándose planos de igualdade a nivel europeo, estatal e autonómico.

O presente volume está organizado sobre cinco eidos desde os cales se van a analizar as políticas de igualdade de oportunidades: o ámbito da implementación e desenvolvemento das políticas de xénero en España, o mercado laboral, as políticas de conciliación, a educación e a violencia de xénero.

_____

Editorial: Laiovento 2006

Idioma: Galego