Segundo a autora : << O permaxeo é a capa de chan que está debaixo do punto de conxelación da auga , e que illa do exterior demasiado cálido. A protagonista desta historia é coma un muro se xeo >> En Permaxeo , unh a muller nova narra en primeira persoa as súas dúbidas , a presión das expectativas xeradas por unha nai controladora e unha irmá conformista , e o seu descubrimento da sexualidade . Todo este remuiño de sentimentos faina sentirse incomprendida e empúrraa a desenvolver pensamentos suicidas como vía de escape. Lonxe de presentarnos un bloque de texto frío , aséptico ou exánime , o debut de Eva Baltasar na narrativa combina con acerto un sentido do humor áspero e inclemente con detalles perturbadores que , pouco a pouco , se van apoderando da trama. Un libro cheo de imaxes sensuais e vigorosas , afastadas dos tópicos , que conxugan enerxía e lirismo. Permaxeo foi recoñecido co Premi Llibreter 2018, que outorga o gremio de libreiros de Cataluña
Eva Baltasar (Barcelona, 1978). Publicou once libros de poemas: Laia, Atàviques feres, Reclam, Dotze treballs, Medi aquàtic, Poemes d’una embarassada, Vida limitada, Animals d’hivern, Neutre, Invertida e Nus Schiele.
Entre os anos 2018 e 2022 publicou o tríptico que a deu a coñecer ao redor do mundo: Permafrost (2018): finalista do Médicis Étranger e gañadora do premi Llibreter. Boulder (Aira, 2023): gañadora do premio Òmnium á mellor novela do ano e finalista do International Booker Prize. Mamut pecha a triloxía.
A súa última novela é Ocàs i fascinació (2024).
Vive nunha aldea, onde desfruta dunha vida de simplicidade voluntaria.
____
Editorial: Aira 06-2024
Idioma: Galego