Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

PEPA LOBA, ENTRE A HISTORIA E A LENDA

€17,00
ISBN 9788476807699

Pepa a Loba é a muller arquetipo do bandoleirismo xeneroso moi espallado en Europa como Robin Hood en Inglaterra. Pode ter relación coa raíña Lupa e ten semellanzas coa Peeira dos Lobos.

Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia,  unha lendaria bandoleira galega de finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou a súa fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos.

Os contos que falan da existencia dunha bandida chamada Pepa a Loba, que dirixiría a súa propia gavela de ladróns, son moitos e están espallados por toda Galicia. Todos eles fan referencia ao século XIX.

Ademais dos contos, existe unha referencia escrita que parece probar a existencia real de Pepa a Loba e é unha mención que a escritora e penalista Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao cárcere da Coruña.

O escritor Carlos Reigosa, autor dunha novela sobre a vida de Pepa a Loba, entende que, segundo as súas fontes, a famosa bandida debeu nacer no norte da provincia de Pontevedra contra a década de 1830, que actuou nas terras do centro do país, desde Monterroso ata a costa occidental, e que nos anos sesenta mudou o seu ámbito de operación cara ás terras do norte de Lugo. Segundo Reigosa, ademais, habería testemuñas populares que apuntarían á existencia dunha casa da súa propiedade na Terra Chá e que antes de estar presa na Coruña pasara polo cárcere de Mondoñedo.

Escritores galegos do século XIX como Emilia Pardo Bazán e Ramón María del Valle-Inclán, entre outros, déronlle vida a un bandoleirismo en Galicia imitado do bandoleirismo andaluz, pero sen realidade sociolóxica galega. É probable que a lectura popular desa literatura crease as lendas que dende finais do século XIX percorren toda Galicia coas aventuras extraordinarias da ladroa Pepa a Loba. En 1918 Antonio Rey Soto publicou La Loba, unha versión novelesca da xuventude de Pepa a Loba.

No ano 1968 Aurelio Miras Azor publicou en español a novela Juventud de Pepa Loba; o como la sociedad creó una delincuente. Grazas a súa experiencia no exercicio da avogacía por terras galegas (A Estrada, Rodeiro, Lalín, A Bandeira) recolleu moita información para escribir o seu libro.

A súa repercusión prolongouse até a música, da man do grupo Heredeiros da Crus, que titularon o seu primeiro álbum en 1994, A cuadrilla de Pepa a Loba. Inspirado en Pepa a Loba naceu no ano 2017 o grupo A banda da loba, integrado por cinco mulleres que reivindican o papel da muller loitadora como foi a mítica bandoleira a quen dedican a canción Pepa, na que contan a súa historia.

 ____

Editorial: Ir Indo 2022
Idioma: Galego