Viaxe clandestina en barco, soidade, buscar comida no lixo, durmir en albergues, estar separado dos seus... Por sorte, Adar faise amigo dun can extraviado. Nese momento todo empeza a cambiar. E, a medida que vai resolvendo o enigma da misteriosa marioneta que lle aparece no peto, as novas amizades axudaranlle a albiscar unha luz no seu futuro.
A guerra. Migracións. Convivencia interxeracional. A familia. E no centro de todo, o amor entre Adar e Ester.
____
Editorial: OqueleoIdioma: Gallego