Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

GALIZA MATER, RAÍZ ANTEGA

€17,20
ISBN 9788411762021

"Á Galiza de sempre, raiz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrígues Lapa antepuxo á súa monumental edición das Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.

Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollar que Lapa deitou sobre Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialmente despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movementop galeguista, o filólogo portugues demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondencia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboración coa resistencia galeguiosta nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreita relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das Cantigas é testemuño perenne.

Esteiro, Muros, 1959). Doutor e catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega, é académico numerario e vicesecretario da Real Academia Galega. Foi coordinador da Sección de Lingua e secretario do Consello da Cultura Galega. Dirixe Grial. Revista Galega de Cultura.

Henrique Monteagudo

O seu traballo desenvólvese principalmente nos eidos da historia do idioma galego, os estudos sociolingüísticos, e a edición de textos galegos de todas as épocas. Desde a súa tese de doutoramento vén dedicando continuada atención á historiografía das ideas lingüísticas. É autor, entre outras obras, de Historia social da lingua galega (Galaxia, 1999; 3º edición de 2024), Castelao. Defensa e ilustración do idioma galego (Galaxia, 2000), Letras primeiras. O foral de Caldelas, a emerxencia do galego escrito e os primordios da lírica trobadoresca (2008), As razóns do galego. Apelo á cidadanía (Galaxia, 2009), Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística (2012) e O idioma galego baixo o franquismo (Galaxia, 2021).

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego