Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O SUPERLIBRO DOS INVENTOS

€16,95
ISBN 9788482896748

Un libro-cómic súper desenfadado cheo de viñetas que nos conta as historias dos inventos máis asombrosos e tolos do mundo.

 

Dálle a benvida ao novo cómic de divulgación de Cumio. Un libro-cómic súper desenfadado cheo de viñetas que nos conta as historias dos inventos máis asombrosos e tolos do mundo. Sabías que o plástico de burbullas naceu como un novo tipo de papel para a parede ao que ninguén lle gustou? Ou que Lonnie Johnson inventou as famosas pistolas Nerf mentres traballaba nunha misión da NASA a Saturno? O autor cóntanos as fascinantes historias reais que se esconden detrás dunha serie de inventos e innovacións.

Desde plástico de burbullas aos supercoñecidos post-it, da pizza ás zapatillas de deporte ou dos osiños de peluche ao retrete. Estas historias cóntanse nun animado formato de cómic, e dános a posibilidade de coñecer a todo o elenco de personaxes implicados nestes momentos luminosos que cambiaron o mundo e a todos nós. Unha forma irresistible de adentrarse na ciencia e na tecnoloxía cun chisco de historia e... humor!

___

Editorial: CUMIO 09-2024
Idioma: gALEGO