Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O REICIÑO DE GALICIA

€16,95
ISBN 9788484876076

Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Victor Hugo, que marcou a aparición do número 100 do seu catálogo.
Le petit roi de Galice -un capítulo da visión poética da Historia constituída por La Légende des siècles- é unha composición épica de importancia certa, tanto para a crítica literaria como para o propio autor, que chegou a deseñar unha portada onde se xunguen a paisaxe compostelá e a historia de Nuno.
A emotividade e intensidade do texto huguiano consérvase plenamente na versión galega -tamén en verso- de Henrique Harguindey. Os lectores e lectoras poderán, a maiores, ler e gozar o texto orixinal, situado en paralelo á tradución.
Na rompente da maré dese xenio da Literatura, a ondiña galega segue a borboriñar e a ser ouvida co seu propio son.
Para André Dumas, por exemplo: “Le Petit Roi de Galice é un dos poemas máis conmovedores, máis coloridos e mellor escenificados de La Légende des siècles
La Légende des siècles. Édition d'André Dumas. Garnier Frères. Paris, 1962.

_____

Editorial: Laiovento 1998
Idioma: Galego