A Chema, a vida non o tratou moi ben: é orfo de pai, dende os trece anos, e de nai, dende hai uns poucos anos, tras unha cruel enfermidade. Vive na casa familiar, nunha vila mariñeira das Rías Baixas, e traballa como mozo de almacén. Todos os sábados, sae a pescar nunha barca vella. Nunha desas saídas ao mar, atopa nons cons de Punta Falcoeiro (Ribeira, A Coruña) o que semella ser un fardo de cocaína Debería chamar ás Autoridades? Deixalo quedar alí? Ou levalo, e ver o que lle deparará de "bo" aquilo?
Neste relato, salferido das lembranzas que Chema vai rememorando ao fío dos acontecementos, hai mortes; misterios; conexións panameñas e portuguesas; así como paixón e un desenlace sorprendente....
Neste relato, salferido das lembranzas que Chema vai rememorando ao fío dos acontecementos, hai mortes; misterios; conexións panameñas e portuguesas; así como paixón e un desenlace sorprendente....
____
Editorial: Toxosoutos 2021Idioma: Galego