Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O MUNDO DA FAUNA NA POESÍA GALEGA

€20,00
ISBN 9788412930030

O presente volume de Sebastián Martínez-Risco, O mundo da fauna na poesía galega (Ensaio antolóxico), xa ficara perfectamente disposto polo autor para a súa publicación no ano 1969, incluíndo tamén o prólogo de Lois Tobio que aquel lle solicitara e que este realizou en tempo e forma.
Pero o libro non se publicou no seu momento e sae do prelo agora, máis de 50 anos despois.
O mundo da fauna na poesía galega (Ensaio antolóxico) é produto dunha serie de conferencias que sobre tal tema impartiu desde finais da década de 50 e durante toda a seguinte. Sebastián Martínez-Risco continuou a traballar e profundar sobre o tema da fauna na poesía galega, até chegar a finais da década de 60 a ese medio millar de páxinas mecanografadas que, se hoxe adoitan asustar as empresas editoriais, máis o farían ainda hai medio século. O autor tentou entón a publicación, mais o alto custo da edición fixo que o proxecto ficase en suspenso naquela altura, até que hoxe, felizmente, o empeño da súa familia converte o soño de o ver publicado en gozosa realidade, ainda que el xa non estea presente.
Tanta dedicación, perseveranza e esmero na elaboración desta obra, alén doutros méritos que certamente posue, fana ben merecente de que se dea a lume, embora sexa con considerábel atraso.
Xosé Ramón Freixeiro Mato

ÍNDICE
Unhas palabras preliminares (Xosé Ramón Freixcito Mato)..
Prólogo (Luís Tobío).
10 mundo da poesía e o mundo dos animais..
1. Substantivación do tema..
2. Motivos étnicos da atracción que exercen os animais sobre a poesía galega.
3. Presenza e significación dos animais na Galiza...
4. Os animais na poesía culta e na poesía popular de Galiza....
5. Maneiras de abordar o estudo dos animais na poesía galega...29
6. Aspectos en que a poesía galega considera os animais.
Il Os animais como elemento da paisaxe...
1. Os animais e a paisaxe na poesía culta...
1.Os animais como simple nota paisaxística..
2. Os animais como signo poético das estacións do ano...
A) Primavera.
B) Verán.
C) Outono.
D) Inverno.
3. Os animais como clave lírica dos diversos momentos do día.
B) Mediodía..
C) Tarde..
D) Anoitecer.
E) Noite...
II. Os animais na paisaxe a través da poesía popular...
III Os animais en intimidade co home...
I. Os animais en intimidade co home, a través da poesía galega culta...
1. A mera relación de convivencia...
2. O trato íntimo....
11. A convivencia dos animais co home na poesía popular.
IV Os animais en identificación espiritual co home.
1. A identificación espiritual do home cos animais na poesía galega culta.
1. As actitudes coloquiais....
a) A comunicación dialogal.
b) O monólogo do poeta ante o animal.
c) Fala o propio animal.
2. A actitude de manifestación dos pensamentos e dos sentimentos do poema con apoio nos animais.
A) Os animais como obxecto de representación dos pensamentos e ideas do poeta..
a) Exemplos de paralelismo comparativo directo.....
b) Exemplos de paralelismo comparativo metafórico. 258
B) Os animais como medio de expresión dos sentimentos íntimos do poeta..
a) Exemplos de sentimentos amorosos..
1. De personificación do amante:.
2. De personificación da amada:.
3. De amor maternal:.
4. De amor a Galiza:
5. De amor divino:.
6. De diversos motivos poéticos amorosos inspirados nos animais:..
7. Do amor do proprio animal...
B) Exemplos de sentimentos de saudade.
C) Exemplos de sentimento de dor....
D) Exemplos de sentimentos de alegría.
e) Exemplos de sentimentos de liberdade.
Đ Exemplos de personificación do poeta...
g) Os presaxios e o maleficio dos animais.
H) A cita dos animais na expresión dos estados de ánimo do poeta...
II. A identificación espiritual do home cos animais na poesía popular galega.
1. As actitudes coloquiais.
a) A comunicación dialogal..
b) O home fala ao animal..
c) O monólogo do animal.
2. A actitude de manifestación dos sentimentos, os pensamentos e as ideas do home, con apoio nos animais, no cancioneiro popular de Galiza.
A) Os animais como medio expresivo dos sentimentos íntimos das xentes no cancioneiro popular...
a) Cantares de amor.
1. Personificación da amada...
2. Personificación do amante.
b) Cantares de dó e de saudade...
Cantares de dó..
Cantares de saudade...
B) Os animais como obxecto de representación dos pensamentos da xente no cancioneiro popular.
a) Cantares de sentenzas...
1. Sentenzas sobre o matrimonio...
2. Sentenzas sobre o amor...
3. Sentenzas declaratorias de preferencias:
4. Reflexións varias:
b) Cantares de consellos...
c) Cantares sobre o maleficio dos animais..
C) Os animais como obxecto de representación das ideas da xente no cancioneiro popular..
a) Cantares de donaires....
1. Donaires de intención amorosa:.
2. Donaires de intención picaresca:
3. Donaires sobre o casamento:
4. Donaires sobre santos locais:.
5. Donaires de varios motivos:
b) Cantares de burlas...
1. Burlas de intención amorosa:.
2. Burlas sobre o matrimonio:..
3. Burlas de vellos:.
4. Burlas contra a emigración:
5. Burlas de oficios:.
Costureiras..
Xastres..
Zapateiros..
Ferreiros..
Carpinteiros...
Canteiros..
Arrieiros..
Pastores...
Mariñeiros...
Escribáns...
Avogados..
Cardadoras..
Tascadoras...
Clérigos...
6. Burlas de lugares:
7. Burlas varias:
c) Cantares de escarnio...
1. Cantares de insultos directos:
2. Cantares de desafío:
3. Alusións afrontosas:...
4. Cantares de desprezo....
5. Cantares de maldicións:
YOST SCRIPTUM.

___

Editorial: FUNDACION VICENTE RISCO  11-2025
Idioma:  Galego
Páxinas: 506
POESÍA
ENSAIO ANTROPOLÓXICO