Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LIBRO DE MONELLE

€17,90
ISBN 9788410324503
Malia ser un dos mestres de moitos dos grandes mestres da narrativa moderna e contemporánea, o escritor, ensaísta, crítico e tradutor francés Marcel Schwob (1867-1905), asociado co simbolismo, segue a ser hogano incriblemente descoñecido pola maioría dos lectores e mesmo dos narradores actuais.
Entre as súas obras máis celebradas e influíntes salientan Corazón dobre (1891), O rei da máscara de ouro (1892), Mimos (1894), A cruzada dos nenos (1896), Vidas imaxinarias (1896), A porta dos soños (1898), así como os seus estudos lingüísticos verbo do argot francés, os seus ensaios literarios (Espicilexio, 1896) ou as súas traducións de dramas e novelas de William Shakespeare, Daniel Defoe ou Thomas de Quincey.
No ano 1891 Marcel coñeceu a Louise, “Vise”, unha obreira e prostituta de vinte e tres anos que, ende mal, morrería dous anos despois, no 1893, por mor da tuberculose. O pasamento do seu amour fou sumiu a Schwob na absoluta desesperación, e, secasí, foi quen de sublimar a vida daquela “muller-nena” transformándoa na protagonista d’O libro de Monelle (1894), unha obra extraordinaria, insondable que ata o de agora nunca vira a luz en galego.

____

Editorial: Medulia 12-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 126
NARRATIVA

También te podría interesar...

  • A VOZ DO MOSQUITO

    FRANCISCO GARCÍA NOVIO
    €17,90

    O formato literario de relatos curtos permite definir sentimentos diferentes en cada un deles, baixo o paraugas da fina ironía e profundidade de p...

    Ver todos os detalles
  • EL

    Louise Colet
    €17,50

    Rescatar El, de Louise Colet, supón sacar do esquecemento unha escritora prolífica reducida ao papel de musa e vítima da misoxinia da época. Public...

    Ver todos os detalles
  • DEICHE OS OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS

    IRENE SOLÁ
    €17,00

    Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais.A masía C...

    Ver todos os detalles
  • SCHLUMPF, ERWIN: HOMICIDIO

    Friedrich Glauser
    €14,95

    O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo ...

    Ver todos os detalles
  • O AMOR E AS PALABRAS

    O AMOR E AS PALABRAS

    María Victoria Moreno
    €10,00

    Unha serie de relatos que foron publicados por distintas institucións e formaron parte, na súa gran maioría, de libros colectivos.Dentro do conxunt...

    Ver todos os detalles