Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O LIBRO DA ROSA

por VV. AA.
€15,50
ISBN 9788491518549

As rosas, dende sempre, foron material literario, e non só para os poetas.

Simples e evocadoras, viaxan a través da historia da literatura dende que alguén, pechando os ollos e aspirando o seu recendo, se sentiu impelido a escribir. Inspiración de aromas e inspiración de historias.

Con esa premisa, pedímoslles a dez autoras e autores de primeira liña da literatura galega que escribisen un relato tomando a rosa como elemento inspirador. E como hai tantas rosas coma estrelas no ceo, velaquí o resultado, dispar, diferente. Relatos uns que son espiñas e outros que son deleite estético; relatos que recenden, en todo caso, a verdade.

Literatura rosa, pouca.

Literatura grande, toda.

____

Editorial: Galaxia 2022
Idioma: Galego