Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O GANSO SALVAXE

por Mori Ogai
€14,50
ISBN 9788412147025
Otama é unha moza humilde á que as circunstancias e o desexo de coidar do seu ancián pai empurran a aceptar ser a concubina dun bedel convertido en usureiro. Okada é un gallardo estudante de medicina cuxos paseos o levan con frecuencia por onda a nova residencia de Otama. Odestino, a casualidade e as convencións sociais levarán a que unha e outro se observen, se acheguen e se afasten nunha historia onde o que non se chega a dicir —e o que non chega a suceder— expresa tanto como todo o dito.

Escrita entre 1911 e 1913 e publicada inicialmente por entregas, O ganso salvaxe é a obra máis coñecida de Mori Ogai. Cun estilo moi persoal, a novela suma unha mesurada contención lírica e un coidadísimo respecto pola humanidade dos seus personaxes. É por esta obra polo que o autor, xunto con Natsume Soseki, é valorado como o verdadeiro artífice da creación literaria moderna en xaponés.

 


____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Galego