Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O DÍA QUE MORREU DAVID BOWIE

€15,00
ISBN 9788412556216

O día que morreu David Bowie arrinca nunha sala de espera dun centro médico de Barcelona, a onde o mozo protagonista acudiu para saber se certa enfermidade venérea lle circula polo corpo.
O mozo, mentres agarda, aproveita para facer unha particular ITV de corpo e alma.

Reflexiona sobre a cidade na que vive, á que chegou hai oito anos, e sobre as oportunidades que lle atribúen; lembra o soño de súa nai de que o fillo fose tal e como a ela lle gustaría; recorda as súas ganas de comer o mundo, as relacións laborais inestables e a precariedade; opina sobre as súas mesmas paixóns, que considera ás veces
inconscientes e temerarias; cuestiona a súa identidade de xénero e sexual; menciona a falta de referentes ou a ausencia do pai; e narra a súa vida desordenada e promiscua utilizando tamén diversas formas literarias aparentemente desordenadas. Pero nada é casual nesta novela ben compacta.

____

Editorial: Positivas 2022
Idioma: Galego