"Pero estas non son citas. Ti sabes que o deserto
non admitiría as citas, que non admitiría ningunha cousa
que poida ser estéril. Ninguén pode citar o corazón do inverno."
Por que ler?
-Porque neste libro María do Cebreiro esculpe a pedra do poema coma nunca antes.
-Porque palabra e deseño van da man para crear unha experiencia moi concreta do obxecto.
-Porque este libro podería ser un libro de horas contemporáneo.
-Porque a autora consigue neste poemario "citar o corazón do inverno".
-Porque no deserto poden nacer as flores máis raras.
___
Editorial: Apiario 2015