Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O DERRADEIRO IRMÁN

€13,60
ISBN 9788497828796
Premio de novela FNAC 2007, Premio dos lectores de L'Express 2008 - Premio Cultura e Bibliotecas para Todos 2008 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil/Infantil traducido ao galego, 2009   Unha novela conmovedora, que posúe a sonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar.

Cando David se lle aparece en soños, Raj prende na memoria da súa infancia: os campos verdísimos da illa tropical onde naceu, o arrecendo e o sabor das froitas e das bágoas, o seu pai e a súa violencia tan previsible, a tenrura da súa nai, os dioivos destrutivos e aquel sol abrasador, os seus irmáns desaparecidos na enchente e a instalación da familia preto da cadea onde vivían uns misteriosos refuxiados. O 26 de decembro de 1940, o Atlantic atraca en Port-Louis, con 1.500 xudeus a bordo, rexeitados de Palestina e deportados á illa Mauricio, entón colonia británica. Daquela Raj non sabía moito sobre o mundo, nin tampouco sobre as traxedias que estaban acontecendo. Tiña dez anos. A curiosidade levouno xogar no bosque da cadea onde traballaba o seu pai e desde alí viu a David no patio da cadea. Sabía que deberían ser amigos.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego