Esta é unha novela sobre o pai. Sobre a relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Sen edulcorantes nin grandilocuencia. Literatura que manca e fascina. Unha obra sobre o amor e a memoria onde o misterio queda pechado dentro dos muros da casa.
Eider Rodríguez edifica a súa historia familiar cun estilo actual e preciso. A autora constrúe un relato universal cos materiais que tiña máis a man e o resultado é inmellorable.
Eider Rodríguez (Errenteria, 1977) traballou como editora, tradutora e guionista. Actualmente é profesora na Universidade do País Vasco no departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura.
Ademais de ensaio de crítica literaria, tradución e banda deseñada, publicou catro libros de relatos: Eta handik gutxira gaur (2004), Haragia (2007), Katu jendea (2010) e Bihotz handiegia (2017). Material de construción é a súa primeira novela.
____
Editorial: Aira 06-2024
Idioma: Galego