Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

MARGOT

€13,50
ISBN 9788412807516

A señora Doradour é unha anciá da alta burguesía que sente o peso da soidade e as intrigas do mundo, logo de se ver traizoada por quen consideraba unha doncela fiucega. Cando máis enferma se atopa, recibe unha nota da súa afillada, a benxamina da familia Piédeleu, o matrimonio de labregos que traballa as súas terras, e acorda que a acollerá en París como dama de compañía. Así, Margot, de tan só quince anos, axiña se acostuma á nova vida de luxo no barrio parisiense de Le Marais. Coa chegada do único fillo da súa ama, Gaston Doradour, a inocente rapariga, sen saber apenas poñerlles nome aos seus sentimentos, coñece o amor e as ilusións, malia que a fantasía non tarda en romper por mor das diferenzas sociais, o desprezo do mozo e, máis adiante, o compromiso que este adquire coa fermosa señorita De Vercelles.

Con intervencións do narrador en primeira persoa para achegar reflexións de carácter moral e filosófico, a novela incide sobre a inocencia do primeiro amor e a pureza dos sentimentos da mocidade, que contrapón ao carácter curtido nesas lides do mozo, á súa indiferenza e desprezo. Con todo, sitúanse como
pano de fondo as diferenzas sociais, que frustran calquera achegamento e derivan a trama cara á unión de Margot cun home que a ama e comparte o seu status.

TRADUTOR/A:Xavier Senín
_____

Editorial: Hugin e Munin 04-2024
Idioma: Galego