Unha muller que busca o seu sitio nun mundo no que lle custa atopar acomodo. Unha masía que a piques da ruína se converte no seu refuxio. Unha novela fascinante que converte o aparentemente trivial en alta literatura grazas ao poder da linguaxe.
Esta novela pecha a triloxía, coa que Eva Baltasar se converteu nunha das voces máis orixinais e poéticas da literatura contemporánea.
Eva Baltasar (Barcelona, 1978). Publicou once libros de poemas: Laia, Atàviques feres, Reclam, Dotze treballs, Medi aquàtic, Poemes d’una embarassada, Vida limitada, Animals d’hivern, Neutre, Invertida e Nus Schiele.
Entre os anos 2018 e 2022 publicou o tríptico que a deu a coñecer ao redor do mundo: Permafrost (2018): finalista do Médicis Étranger e gañadora do premi Llibreter. Boulder (Aira, 2023): gañadora do premio Òmnium á mellor novela do ano e finalista do International Booker Prize. Mamut pecha a triloxía.
A súa última novela é Ocàs i fascinació (2024).
Vive nunha aldea, onde desfruta dunha vida de simplicidade voluntaria.
____
Editorial: Aira 06-2024
Idioma: Galego