"Magnolia Punk e outras arritmias" é un poemario inconformista dividido en dúas partes: latexo bradiarrítmico, vagaroso, reflexivo e o latexo taquiarrítmo, de aceleradas estrofas e metáforas visuais.
O nexo destes poemas son historias de emocións marcadas por diferentes culturas en fricción social permanente contra as forzas e convencionalismos: o post-colonialismo e as vagas de migración, a contaminación medioambiental, a xestión política social, o peso da educación patriarcal, os roles de xénero no amor e o poder do algoritmo dixital para a manipulación do colectivo.
____
Editorial: Medulia 03-2023Idioma: Galego