Este libro é un libro que Paco Souto argallou pero nunca chegou a concretar. Trátase da posta en papel dun espectáculo poético-musical que Paco montou co pianista Serxio Moreira e que ía acompañado dunha exposición de cadros do propio Paco. Era a conxunción de moitos dos rostros artísticos de Paco Souto nun só proxecto.
Idioma: Gallego
A edición contén todo iso: os textos do espectáculo, os cadros da exposición, as partituras das músicas compostas por Serxio para o espectáculo e un CD coas músicas e os poemas na propia voz de Paco Souto.
Un libro-CD para percorrer con todos os sentidos e cos ollos cheíños de bágoas.
____
Editorial: CaldeirónIdioma: Gallego