PARA LER A CASTELAO T.I
ISBN 9788482884004
Tomo de apoio ás Obras de Castelao que inclúe material valiosísimo para estudosos e curiosos.
Estrutúrase en tres partes. Na primeira M. A. Seixas Seoane traza unha Cronoloxía. Na segunda M. Rosales presenta as entrevistas con Castelao que se realizaron entre os anos 1921 e 1949. Na última M. Cuquejo presenta unha amplísima bibliografía primaria e secundaria do autor e político de Rianxo, con 3.721 referencias.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos. En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.
____
Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego