Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

HISTORIAS PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA:ZONA MONUMENTAL

€11,00
ISBN 9788412633405
Pontevedra relaciónase dende sempre co comercio, xa hai constancia de que na Idade Media se celebraba na vila unha importante feira franca. De aí en adiante, constituirase no principal porto de mercadorías de Galiza, de tal xeito que o Gremio de Mareantes se converte no epicentro da actividade económica.
Co nomeamento da capitalidade administrativa en 1833, a cidade recupera o esplendor perdio tempo atrás. O derrubo das murallas vai supoñer unha nova planificación urbana acorde ao pulo da economía mercantil e artesanal. Rúas como a de Santa mariña, prazas coma a da Pedreira ou edificios como a Casa do Arco ou o de Castro Monteagudo son boa proba......

Peixe desnorado conta a experiencia de Eume, unha nena que fai o mercado semanal co seu pai. A rapaza ten que facer un mandado e percorre a parte baixa da zonal monumental. A mirada de Eume describe a vida cotiá. A través do seu maxí, coñece a persoeiros do pasado e do presente que teñen a sua pegada particular nas rúas e prazas do casco histórico.

____

Editorial: Elvira 12-2022
Idioma: Galego