HABITANDO HISTORIAS. 10 EXPERIENCIAS ARREDOR DO LIBRO E DA LECTURA
por VV.AA
€20,90
ISBN 9788491513988
Nestas páxinas arredor do libro, a lectura, as bibliotecas, os booktubers, as novas formas de ler, as experiencias lectoras, o canon literario… reflexiónase sobre o feito de ler e o seu fomento.
Xuntáronse dez persoas, dez profesionais que dixeron si a este proxecto e cuxas experiencias arredor do libro e da lectura non van deixar indiferente a ninguén. As dez almas que habitan este libro saben moi ben do que falan e saben moi ben como facelo. Son escritoras, docentes, bibliotecarias, contadoras… En definitiva, voces críticas, voces expertas e voces comprometidas coa consecución dun mundo mellor a través das historias que viven nos libros. Un volume que aspira a ser referencial no mundo educativo. Mais, sobre todo, un libro de lectura necesaria para todas e todos os que aman ler, abrir un libro e navegar entre as súas páxinas. De papel ou de bits. Historias, despois de todo.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego