Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

FREI MARTÍN SARMIENTO

€10,00
ISBN 9788484870065

Á vista da leitura dos ensaios sarmentianos, en que o autor amosa unha fonda sinceridade e implicación da súa persoa en todo o que argumenta, entendemos que estamos perante un lúcido representante da Ilustración, rigoroso e valente á hora de desenvolver por escrito ad futurum o que a propia conciencia lle ditaba, aínda que fose a contracorrente do pensamento oficial e malia o carácter demodé das súas paixóns: a etimoloxía, a educación dos máis novos e a situación da marxinalidade da lingua galega, auspiciada desde o poder central.

A este última, omnipresente no conxunto da súa obra, dedicarémoslle neste traballo unha moi especial atención por considerarmos que moitas actitudes, reflexións e propostas referidas á situación do idioma galego, malia teren transcorrido máis de douscentos anos do seu pasamento, continúan a estar de desgrazada actualidade.

_____

Editorial: Laiovento 2002

Idioma: Galego