TEXTOS RECUPERADOS SELIC 2021
Nun arrabalde sórdido e miserable da cidade, varias mulleres, xa consumidas polo traballo, pola vida, pola pobreza… todas menos unha, Rosa, que é nova, guapa, e que, malia levar a mesma vida que as outras mulleres, ten un aquel que fai que destaque, que brille. A súa cara é “alegre coma un faro de festa”. Isto non agrada ás demais, que cren que “quen traballa e pasa fame debe de ter cara de traballo e de fame”.
A aversión contra Rosa, á que se suma un sacerdote con certas pretensións sexuais, vai aumentando paseniñamente.
E así, engadíndolle a envexa a esa violencia, lávaas a que un día, despois dunha discusión, maten a Rosa.
A obra ten un epílogo, no que o autor e un crítico discuten sobre cuestións literarias.
Editorial: Positivas 06- 2021
Idioma: Galego