Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

EXAME IMPORTANTE DE LORD BOLINGBROKE OU A TUMBA DO FANATISMO

por Voltaire
€11,00
ISBN 9788484870715

Na década de 60 do séc. XVIII, os ilustrados partillaban o mundo que lles tocaba vivir con fanáticos que non dubidaban en matar os seus semellantes por causa de crenzas dogmáticas. Ante estes crimes, no momento en que se estaba a operar un reequilibrio entre as forzas relixiosas, despois de a Enciclopedia ser condenada e os filósofos atacados de forma virulenta, Voltaire desenvolveu un labor publicístico, no marco do que cualificou como a "guerra contra o infame". O Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo, con esa súa feroz análise do que é o cristianismo e as súas fontes textuais, análise que aínda hoxe a algunhas mentes lles pode parecer blasfema, pretendeu ser unha intervención decidida e directa contra os crimes causados polas doutrinas, a reivindicación de que tamén a relixión debe ser analisada baixo unha ollada crítica, a defensa dunha concepción da historia que non pode ser explicada pola vontade divina ou a providencia, máis outro exemplo da loita que o espírito científico racionalista mantén coa relixión por liberarse da súa tutela e censura.

En definitiva, o Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo quixo ser un contributo a un mellor coñecemento dunha divindade que non debe ser causa de crimes, e un chamamento á tolerancia entre as persoas.

_____

Editorial: Laiovento 2005

Idioma: Galego