A Gran Irmandade Lepidóptera, conformada por bolboretas e avelaíñas, inicia a revolución insecta, disposta a espallar o preciso cambio nas conciencias a prol de salvagardar o medioambiente.
Idioma: Gallego
Véspera do Maios. Culminou a metamorfose.
A Gran Irmandade Lepidóptera, conformada por bolboretas e avelaíñas, inicia a revolución insecta, disposta a espallar o preciso cambio nas conciencias a prol de salvagardar o medioambiente. Iránse sumando á causa as reirei republicanas, as skornagirls (vacalouras lindas a rabiar), a Rede Arácnida Galega...
Na Cova das Sabias Céltigas, situada nas raíces pétreas do faro de Briga, celébrase unha Asemblea Extraordinaria. Milagreiras meigas e salgadas sereas, druidesas dos bosques e damas brancas dos castros, mouras de beleza dourada e falangueiras fadas chegan por terra, mar e aire. Canta o carro da Raíña Lupa baixo a lúa espectral da serpe.
____
Editorial: Edicións FervenzaIdioma: Gallego