Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

Opcións Descargar ficha Enviar ficha Información de cliente Movementos Depósitos CHARAMELAS II

€17,90
ISBN 9788410324213

Gústame pensar que o relixioso inventa o mundo, o filósofo o interpreta e o físico o explica. Isto axúdame a desconfiar dos físicos crentes, os relixiosos que admiten a teoría da relatividade e os filósofos que teñen por certo existencias divinas a par có evolucionismo.
Pero non son estas concepcións tan restrinxidas e dispares como parece. Existe unha cuarta dimensión na que os mundos inventados, interpretados e reais non son irreconciliables. Esa dimensión chámase literatura. De momento os humanos non soubemos crear nada mellor para contrarresta-la estupidez da prensa rosa, a manipulación da prensa en xeral e a crispación fomentada por políticos mediocres para perpetuarse no poder. Ademais de amosarnos a falsidade destes mundos, a literatura apréndenos a soñar outros posibles. A isto chámaselle utopía, que é filla da rebeldía e nai da liberdade.
Lea. A estupidez e a manipulación espántanse lendo moito. Isto que ten vostede na man conta como libro. Comece por aquí, se lle parece. Ben supoñerá que nas súas páxinas non aprenderá a gañar fama nin diñeiro, pero se hai sorte, se xorde a maxia, ao voltea-la última folla talvez perciba vostede que a lectura lle deixou un saboriño agredoce. Se así fose significaría que algunha charamela atinou na diana precisa”.

Editorial: Medulia 07-2024
Idioma: Galego