Poderás descubrir como era o interior dalgúns dinosauros máis famosos, en que lugares se atopan os restos máis importantes... poderás coñecer todo o relativo á súa vida na terra (en que eran mellores, como se diferenciaban, como eran incluso as súas cacas) e sobre todo, porqué desapareceron.
Ao longo das páxinas deste libro decataraste de como xurdiu a vida na Terra, que sucedeu antes da existencia dos dinosauros e como fixeron para revolucionalo todo coa súa aparición, as súas formas de comportarse e ata cos seus looks.

- Un libro divulgativo para toda a familia (non son necesarios coñecementos previos sobre dinosauros, aquí aprenderalo todo).
- Novo libro de Paula Merlán, experta escritora con multitude de libros publicados con recoñecemento internacional. Ilustracións de Rena Ortega, experta en dinosauros.
- Ilustracións en acuarela a toda cor.
____
Editorial: Trinqueta 03-2023Idioma: Galego