«E un voou sobre o niño do cuco» é unha novela de culto escrita en 1959 e publicada en 1962 que callou fondo nos campus universitarios e nas comunas hippies dos anos 60. Na súa etapa estudantil, Ken Kesey ofreceuse voluntario para participar en experimentos sobre drogas psicodélicas como o LSD que os psiquiatras dun hospital californiano ensaiaban con vistas a posibles usos terapéuticos.
Un clásico da literatura contemporánea que mantén toda a forza expresiva dun autor considerado un nexo fundamental entre o movemento beat dos anos 50 e o movemento contracultural dos anos 60.
____
Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego