É RUÍN PORQUE O FAN. RETRINCOS DA INTRAHISTORIA DE CERDEDO VI
Velaí en vós a exemplariedade dos que resisten, o tempo e a obra, materia inmorrente,
que a cada día poñedes na sinxela verdade popular.
A vós pois… ratificámosvos co dicir desta nosa confesión de irmandade na máis pura e certa lealdade: Vós
Calros Solla, nado en Pontevedra en 1971, é profesor de lingua, etnógrafo e escritor. No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense. En colaboración co Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca realizou o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009). Ao seu labor investigador e creativo engádese a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Adoito colaborador da prensa escrita, mantén na internet o blog O Embigo do Becho.
____
Editorial: Morgante 06-2024
Idioma: Galego