Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DOS SIGNOS DE STENDHAL AOS IMAXINARIOS DE MUSIL

€21,00
ISBN 9788484871495

Son moitas as ocasións en que matemáticas e literatura se entrelazan, e moitos os escritores para os que as afeccións matemáticas foron algo máis que vicios ocultos. Porén, rara vez se fala, poñamos por caso, de que Dostoievski era enxeñeiro, da gran formación matemática que tiña Stendhal, Musil ou Valéry, ou do enciclopédico empeño de Raymond Queneau, Georges Perec, Raymond Roussel, Italo Calvino, e o resto dos integrantes do grupo OULIPO, en facer un desenvolvemento recursivo da literatura a partir de restricións estruturais.

O certo é que ao longo da historia existiron numerosos exemplos nos que basear unha reflexión que axude a achegar a matemática e a creación literaria. Esta obra trata de contribuír ao achegamento das "letras" e as "ciencias", para amigar dúas manifestacións do intelecto que adoitan presentarse case como antagónicas. A partir dos escritores lexitimados, desenvólvense os conceptos que explicitamente se citan nuns textos ou se destece a trama xeradora doutros, intentando que os materiais presentados sexan intelixíbeis para os non matemáticos.

____

Editorial: Laiovento 2008

Idioma: Galego