XVII PREMIO DE POESÍA AFUNDACIÓN 2019
A Casa grande é o símbolo do seu mundo familiar, da terra natal, da infancia evocada a través das páxinas dun libro dedicado á memoria da súa avoa Manoela, do seu pai e dos tíos Celia e Emiliano na casa do Rodo. E dunha maneira máis ampla, a Casa grande é incluso un símbolo de Galicia. O volume contén tamén outra paisaxe vital importante, a de Ondara (Alacant), "fermosa, chea de luz e mar, de acollida, pero na que está o sentimento do exilio, da perda das raíces", explica o académico de honra, catedrático emérito da Universitat de València. Unha perda marcada pola distancia física, pero sobre todo polo paso do tempo. "A vivencia do tempo demoucador percorre todo o libro, é fundamental nel: como o tempo destrúe todo e acaba coas arelas máis fondas, con esa arela de querer volver ao mundo que se tivo", conclúe. E así e todo, o Diario da Casa grande tamén lle permite ao lector gozar por momentos das celebracións cotiás compartidas cos seres queridos na Casa grande: "Segue a conversa, delongada nestas horas felices, / seguen os recordos, a alegría / daqueles anos de xuventude, deste día / do verán e de volta á Casa".
Idioma: Gallego

____
Editorial: AFUNDACIÓNIdioma: Gallego