XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu.
Dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez. En dente de leite, amais de ollar a maternidade desde os ollos da filla, Arancha Nogueira constrúe a narrativa das medras nun poemario agridoce pero cálido, que abeira a infancia e a idade adulta dunha xeración que ansía o regreso da protección constante, da emoción da descuberta. Arancha Nogueira (Ourense, 1989) publicou o libro de poemas Andar descalza (2014), Premio de Poesía Francisco Añón; o único lugar onde ficar inmóbil (2018); spleen en catro tempos (2018) e a comparsa (2019), alén de gañar diversos premios de poesía, como o Johán Carballeira, por dente de leite (Xerais, 2019). É xornalista e investigadora predoutoral, e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego