Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

DE CERTO, A VIDA ÍA EN SERIO

€17,00
ISBN

A partir de entrevistas, conferencias, autopoéticas e poemas, “Chan da Pólvora” reconstrúe a personalidade e a obra de Xela Arias nunha antoloxía de textos intensos e demoledores.
María Xesús Nogueira a foi a encargada de realizar a selección e o estudo complementario sobre unha muller que
viviu de maneira intensa e, con frecuencia indómita, o seu tempo. Non  só recolle textos poéticos da autora
senón que recupera un prezado material: entrevistas, autopoéticas, reflexións ou conferencias que permite reconstruír a biografía e mais a personalidade da autora a partir das súas propias palabras, unha perspectiva ata agora inédita.
“Asinamos ser libres e o vieiro é a independencia total e gratuíta”, escribe Xela Arias neste libro de forza incontestable, titulado como un dos seus versos máis rotundos, De certo, a vida ía en serio. Non se trata
unicamente dunha escolma ou dunha biografía. Estamos ante unha mirada transversal que reconstrúe a complexidade da escritora a través das súas propias palabras, pero tamén unha esixente selección de
poemas, intensos e demoledores, visionarios e inquietantes.

María Xesús Nogueira Pereira (Berres, A Estrada, 1968) é unha das máis recoñecidas investigadoras da poesía galega das últimas décadas, sobre todo no ámbito que indaga na relación dos procesos da escrita e do xénero. Profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, autora de numerosos traballos sobre poesía contemporánea e sinatura frecuente en diferentes medios escritos (durante anos foi colaboradora tamén no desaparecido Diario Cultural da Radio Galega), María Xesús Nogueira foi unha das teóricas da denominada xeración dos 90. É editora da Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, e foi presidenta da Asociación Galega da Crítica. Para Chan da Pólvora realizou a selección 13. Antoloxía da poesía galega próxima e Dous mil (dezaoito), unha antoloxía da poesía galega editada no ano 2018 que pode consultarse na sección Chanzo da web da editorial,


____

Editorial: Chan da Pólvora
Idioma: Galego