Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética.
En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética.
Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despois librosconvesos -que reunía versos de 40 poetas- e elaborando o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual.
Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta.
Idioma: Galego

____
Editorial: ALVARELLOS 11-2022Idioma: Galego