Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

COS PEITOS DESENCHUFADOS

€12,00
ISBN 9788493733049

Cos peitos desenchufados é unha nova viaxe literaria baseada na imaxe poética, na súa forza e nas posibilidades da palabra. A reciclaxe, a cirurxía e a logotecnia compoñen un eu poético permeable e complexo que só atopa a súa razón de existencia na creación dunha linguaxe propia.
O autor traza un tango na distancia, poemas para ácratas e hedonistas da palabra que funden ámbolos extremos do Atlántico Norte, creando novos horizontes no galego.

Elías Portela (Cangas do Morrazo, 1981) é un poeta e traductor en galego (Cos peitos desenchufados, 2008) e islandés. Co pseudónimo de Elías Knörr foi escollido como un dos 3 poetas máis representativos da lírica actual islandesa, na centésima edición da Poetry Review de Reino Unido, xunto co venerable Sjón e Kári Tulinius.

A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ó autor. Adapta nos seus textos imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles a súa lingua artificial propia, Lwyma, na que escribe habitualmente nun dos...

____

Editorial: Barbantesa
Idioma: Galego