Lilja namora dun rapaz intelixente e guapo que le a Derrida e cociña pratos vexetarianos. Múdase ao seu pequeno apartamento, e conforme esta nova vida en común alimenta o seu desexo de compracer a súa parella, os abusos case imperceptibles del continúan aumentando sen que ela os detecte. Ela intenta desesperadamente ser a amante perfecta e satisfacer as necesidades del. Pero para iso desdebuxa os seus límites e perde a consciencia de si mesma.
Traducido por Elías Portela
Thora Hjörleifsdottir (1986) ten un posgraduado en escritura creativa. A súa primeira novela, Magma, converteuse rapidamente nun dos libros máis vendidos de Islandia e conseguiu notables críticas. Esta obra xerou debate entre persoas de todos os xéneros e considérase xa un libro de obrigada lectura.
A autora tamén forma parte do grupo Impostor Poets e ten publicados libros de poesía e unha novela co colectivo.
_____
Editorial: Rinoceronte 09-2023Idioma: Castellano