Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

POLA GRAZA DE DEUS

€20,00
ISBN 9788412541007

Na presente obra o antropólogo Rafael Quintiá fai un percorrido por algúns dos aspectos máis salientables de cantos configuran a relixiosidade popular galega.
O culto aos santos ou ás reliquias, as romarías, o feito da peregrinación, a importancia dos santuarios, a función dos exvotos, as festas rituais do ciclo do ano, as crenzas sobre a morte e o Alén ou os cultos asociados ás pedras, ás augas, ás árbores e aos astros son algúns dos múltiples aspectos nos que se afonda neste traballo onde se achega unha rigorosa ollada sobre un dos elementos fundamentais da nosa cultura, do noso patrimonio inmaterial e, en definitiva, da cosmovisión do pobo galego.

____

Editorial: AB ORIGINE 12-2022
Idioma: Galego