Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

COA LEI DE COSTAS

€7,60
ISBN 9788489896216

“Coa vista fixa nas puñetas dos maxistrados da sala terceira, tíveno claro: Sería un xuíz o protagonista. Non había dúbida. Cada un debía escribir do que mellor coñecía e eu tiña de ollo a media ducia de malditos xulgadores ata o punto de contar cun argumento case feito. Si, nada máis literario que esta xustiza nosa, e nada máis dado ó persoal, que é tanto como dicir tarabelo, vertoleiro. Con ese xuíz non se che ocorra vir sen gravata; con aquel nin se che pase pola cabeza dicir algo en galego; con ese outro tes que cortar a barba e o bigote; este fulano do social hache tocar as mans por se che pilla algún calo e pode así quitarche a invalidez, así que xa sabes, cliente: pedra pómez e talco ben fregados cinco días antes da vista. Por certo, con aquel outro case xubilado da maxistratura, sobre todo non poñer as mans no peto, que é tanto como ser condenados en costas... Como non me tiña eu decatado antes de que a rente desa alegoría de ollos vendados, calquera acomplexado pode sentirse o brazo executor dun alporizado Deus do Pentateuco, só porque un día, diante dun tribunal adurmiñado, recitou de memoria o censo enfitéutico que lle cadrou en sorte”.

“Premio de Narración Curta” Ricardo Carvalho Calero.

Ilustracións: Raimundo Patiño.

_____

Editorial: Laiovento 1998

Idioma: Galego