Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CIRCE

€20,00
ISBN 9788417388737

Os estudosos consideran a Annie Vivanti Chartres a inventora do best-seller italiano, caracterizado por un estilo rápido, fluído e suxestivo. Vivanti distínguese no panorama da literatura feminina do principios do século xx por ir alén dos territorios reservados ás mulleres escritoras: o amor, o romance, a familia e os argumentos “rosas”. Así, con Circe, Annie Vivanti quixo ir máis aló da novela rosa, e os feitos narrados son reais: demostra aos seus lectores que é unha escritora informada e que tamén formou parte da historia. Cando falan desta novela, moitos estudosos tratan de establecer a conexión entre a vida da condesa Tarnovska, protagonista de Circe, e a nosa escritora, que sempre tivo tendencia a incluír material autobiográfico na súa literatura. Probabelmente esteamos ante un caso de ficción autobiográfica, unha expresión dos feitos subxectiva e creativa, onde a verdade se somerxe na ficción.

Traducido por Maite Jiménez Pérez

Annie Vivanti
Nada en Londres en 1866 nunha rica familia de orixes xudías, Annie Vivanti crece entre Italia, Suíza, Inglaterra e os Estados Unidos. Debuta no mundo literario co seu libro de poesía Lirica (1890). En 1891 entra na narrativa coa súa primeira novela, Marion. Ese mesmo ano regresa a Inglaterra, e en 1892 casa co político irlandés John Chartres, futuro líder do Sinn Féin. Pasa os vinte anos seguintes entre Inglaterra e os Estados Unidos, tempo no que publica contos, novelas e obras de teatro exclusivamente en inglés. Co estalido da Primeira Guerra Mundial, amósase claramente antibritánica e anticolonial. Debido á vaga de anglofobia que invade Italia durante o réxime fascista, en 1941 dítase unha orde de detención contra ela por ser cidadá británica. Os seus libros son prohibidos en Italia debido á súa ascendencia xudía. Cando pode regresar a Turín, recibe a nova do suicidio en Brighton da súa filla. Esta traxedia agrava a súa saúde e precipita a súa morte, que acontece o 20 de febreiro de 1942.

____

Editorial: Rinoceronte 2022
Idioma: Galego