Aparecida do nada, unha estraña vella enche as horas incómodas dunha muller atrapada entre o desexo de morte e o de vida. Son tempos de disparos, de represión, de olladas baixas e bocas pechadas. Tempos de vivir calando. O silencio dos días repetitivos vese interrompido por unha descoñecida, dona de segredos e idades innúmeras, e que, capa tras capa, coma unha árbore milenaria, irá desvestindo ata deixar núa a única das verdades deste mundo: a vida escribímola nós pero, cantas veces pasamos por ela?
A medias entre libro de aventuras e memoria oral do mundo, este libro fálanos do poder da oralidade e da necesidade de recuperar algo tan perdido como necesario: escoitar as nosas maiores, abrir o seu cofre de memoria.
____
Editorial: ToxosoutosIdioma: Gallego