Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O CANTO DA SIBILA

€12,00
ISBN 9788498657258
Esta obra invoca a multivocidade agochada nunha subxectividade en transición: o eu da poeta camiña cara á multiplicación de si a través do silencio, con apelacións a unha enunciación que, intencionalmente, se desfai.

Facendo uso da lírica pagá e medieval mais guindando boias ás tradicións non occidentais, retómase a palabra non dita, a palabra non articulada, a palabra gutural, retida na gorxa das mulleres. Entre os pasos pisados con solemnidade e forza, rachando a atmosfera postapocalíptica, a sibila anuncia unha lírica que foxe da clausura, abríndose ás fendas do eu.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego