Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CÁNTIGAS DE ALÉN

Esgotado
€18,00
ISBN 9788494400889
José Ángel Valente publicou o seu primeiro poemario en galego no ano 1981 baixo o título de Sete cántigas de alén (Ediciós do Castro). Tras estes versos, naceron outras composicións en galego escritas durante os anos oitenta e noventa, que foron reunidas en edicións progresivamente ampliadas co título de Cántigas de alén en 1987, 1989 e 1996. ÍNDICE Valente, poeta universal en galego por Claudio Rodríguez Fer Cántigas de alén [I] I. Amarelece acedo o tempo II. Anceio III. Escoita, mai, voltei IV. O verbo V. Cerquei, cercache, VI. Acorda no serán VII. Esmorecen os soños, Cántigas de alén [II] Sub nocte Asedio Dicer de tódalas augas Homaxe Nenia Figura De amigo Rosalía Cántigas de alén [III] Paxaro de prata morta Máscaras Romaxe Cobiza do lonxe Cántiga do eterno inretorno Na mar de Vigo  

A obra que agora publica Ouvirmos contén o ciclo completo de Cántigas de alén, incluíndo por primeira vez o poema “Na mar de Vigo” e a dedicatoria aos emigrantes de A Nosa Galiza de Xenebra no poema “Sub nocte”. Unha recompilación, con edición a cargo de Claudio Rodríguez Fer, que por primeira vez reúne toda a obra poética en galego de José Ángel Valente.

____

Editorial: Ouvirmos
Idioma: Galego