Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

CANTARES GALLEGOS, HOXE UNHA LECTURA ACTUALIZADA DE ROSALÍA DE CASTRO

€13,00
ISBN WP910
Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea.

Ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos (Vigo, 1863), a profesora María Pilar García Negro leva a cabo unha posta ao día orixinal, realista e actualizada da obra que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea. “O noso intento foi explicar a Rosalía e explicar os Cantares... desmusealizándoos”, afirma García Negro. “O feminismo ilustrado e sempre socializado; o amor e a defensa afervoada da Galiza; o compromiso radical coas súas clases populares. A fórmula maxistral da escritora aliméntase destes mandatos”.
MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO (Lugo, 1953) é profesora da Universidade da Coruña. Ensino, cultura, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional. Leva publicados trece libros e numerosos artigos en medios de comunicación e revistas especializadas. A obra que aquí presentamos é o seu terceiro ensaio sobre Rosalía de Castro. Os anteriores foron: Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (2006) e O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010), XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco.


____